jueves, 22 de marzo de 2018

VISITA DE LEDICIA COSTAS.

Hoxe o alumnado de 5º e 6º tivo un encontro moi agradable coa escritora Ledicia Costas. Tras ler moitos dos seus libros coma Escarlatina, Esmeraldina, A señorita Bubble ou os Arquivos segredos "acribillárona" a preguntas e tiveron tempo de falar de inventoras, curiosidades e algún que outro cotilleo dos ilustradores. Ademais quedou coa man un pouco cansa tras asinarlle a todos/as os seus libros. Un pracer Ledicia compartir contigo este momento e agradecerte a túa segunda visita ao Lamas e esperemos que non sexa a derradeira.





miércoles, 21 de marzo de 2018

AUDIO DO 8º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado de 1º)


Nova entrega do programa "Voces de Compostela". Esta semana foron os nenos e nenas de 1º falando de cabaleiros, escudos e armas da época. 


"CHIRLO MERLO NA FIGUEIRA" POLO ALUMNADO DE 2ºB


Hoxe, co gallo do Día Mundial da Poesía, o alumnado de 2ºB achegouse durante o recreo á biblioteca e interpretounos o libro de Darío Xohán Cabana e Xan Balboa "Chirlo Merlo na figueira" da Ed. Sotelo Blanco. Tamén pasaron polos cursos de Infantil para que escoitaron esta historia recitada.









viernes, 16 de marzo de 2018

PRESENTACIÓN "MULLERES GALEGAS"

Hoxe, durante o recreo, a alumna de 5º Carla Munín, fixo unha presentación sobre Mulleres Galegas que destacaron en distintos ámbitos como Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Maruja Mallo ou as mestras Elisa e Marcela. Unha actividade que preparou ela co gallo do Día da Muller. Moitas grazas por compartir con nós toda esta información e esperemos que non sexa a última Carla.





jueves, 8 de marzo de 2018

AUDIO DO 7º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado de Infantil)

Un novo capítulo do programa "Voces de Compostela", nesta ocasión tocáballe ao alumnado de Infantil, que entre nervios e emocións fixeron o que puideron lembrando o traballado o curso pasado sobre Santiago na época Medieval. 






lunes, 5 de marzo de 2018

AUDIO DO 6º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado de 6º)

Aquí tedes un novo capítulo do programa "Voces de Compostela", onde se aborda o traballado polo alumnado do centro o curso pasado en torno a Santiago no Medievo. 
Nesta ocasión a quenda era para o alumnado de 6º que falaron da historia e tradición das cantigas e  dos trovadores. 


viernes, 2 de marzo de 2018

CON ROSALÍA DE NOVO

Hoxe durante o recreo, Carla, Claudia e Ania de 5ºB presentaron un traballo sobre a vida e obra de Rosalía de Castro así como o recitado dalgúns dos seus poemas.

Convidaron a todo o cole e como non cabía máis lente, despois durante a hora de ler, fixeror outro pase para os peques de Infantil no Salón de usos múltiples.

Moitas grazas rapazas polo voso traballo!!
Foi todo un éxito.