sábado, 22 de diciembre de 2018

UN NADAL A RITMO DE MÚSICA

Un ano mais, os nen@s de Infantil queren desexarvos unhas Felices Festas a ritmo de música, grazas á fermosa canción recollida no libro cd de Mamá Cabra "Xa me tardan estes Magos".



miércoles, 19 de diciembre de 2018

VIDEO FORMACIÓN USUARIOS

Aquí tedes o novo vídeo grabado e montado pola mestra María Lorenzo, no que queda moi ben explicado por un grupo de alumnas colaboradoras da nosa biblio, as normas de uso dos espazos e materiais.

O vídeo quedará enlazado tamén na barra lateral do blog.

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Ideas para agasallar con libros neste Nadal.
Apura e escribe xa a carta que aínda estás a tempo!!!


CHARLA PILABOT "RECICLA CON ENERXÍA".

Dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida de pilas e acumuladores, o alumnado de 5º e 6º asistiu, o pasado luns 17, a unha charla sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo. Tamén, ao final, participaron nun concurso no que gañamos todos/as. Lembrade que ate o 16 de xaneiro estamos en prazo para recoller no colexio pilas e acumuladores.

lunes, 3 de diciembre de 2018

RECICLA CON ENERXÍA. PILABOT

Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores… Pilabot ten que cumplir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.
Dentro do PDI que iniciamos este curso sobre as "3 erres" unha das primeiras actuacións, como xa vos informamos, é participar neste programa. O último día de recollida no centro de pilas e acumuladores é o 16 de xaneiro do 2019. Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

jueves, 29 de noviembre de 2018

CONCURSO PROXECTO "OS 3 R".

Buscamos unha mascota e un slogan que represente o novo proxecto documental Integrado que levaremos a cabo este curso. Animámosvos a todos/as a participar.

jueves, 22 de noviembre de 2018

25 N

Na entrada da biblio recollimos unha pequena selección de fondos relacionados coa temática da violencia de xénero. Están a disposición de todo o profesorado e alumnado que queira traballar con eles.

s.

martes, 13 de noviembre de 2018

II CONCURSO "OS PEQUENOS CO PEQUENO COMERCIO"

O pasado sábado 13 de outubro tivo lugar a entrega dos II premios do concurso de redacción que organizaba a Federación de Comercio de A Coruña, xunto á Consellería de Educación e Abanca “Os pequenos co pequeno comercio”. De novo os rapaces e rapazas tiñan que contar o que era para eles o comercio do seu barrio, unha historia na que reflexaran os seus sentimentos, vivencias, recordos ou experiencias no pequeno comercio.

As nenas do CEIP Lamas de Abade tiveron moito protagonismo neste acto, xa que conseguiron seis dos vinte premios posibles. Aquí vos deixamos eses traballos e unha foto do acto.

Parabéns a todas elas e tamén ao resto do alumnado que participou e non acadaron ningún dos premios. E `por suposto, seguimos animándovos a todos/as a seguir escribindo.


























martes, 30 de octubre de 2018

LECTURAS DE MEDO

Un novo curso e un novo obradoiro interniveis para gozar coas lecturas que @s mestres prepararon co gallo do Samaín.
Algunhas moi ben ambientadas e tremendamente terroríficas escoitalas!!

lunes, 29 de octubre de 2018

ESTAMOS DE ESTREO

Hoxe foi un gran día para Abadiño porque tras moitos meses de duro e arduo traballo poidemos abrir de novo a Biblioteca. O alumnado levaba tempo preguntando cando podían vir á biblio e hoxe vimos reflexada esas ansias co gran número de nenos/as que se achegaron para o préstamo, para a lectura, coñecer o recuncho maker ou probar os novos ordenadores. Unha gran satisfacción para todo o equipo de Biblioteca e o resto do claustro comprobar que tanto traballo e tanta espera pagou a pena. Aínda queda moito por facer pero seguimos sen présa pero sen pausa para que toda a comunidade educativa saque proveito deste novo laboratorio de aprendizaxe. Grazas á Asesoría de Bbliotecas e a Consellería por achegarnos e acompañarnos no Plan Lía 2.0 cara unha biblioteca creativa e inclusiva.

jueves, 25 de octubre de 2018

CANCIÓNS PARA O MAGOSTO E SAMAÍN

A profe Ana de música creou este recurso con cancións relacionadas co Magosto-Samaín.
Agora xa sabedes... a mover o esqueleto!!

miércoles, 24 de octubre de 2018

VIDEO ALUMNADO 1ºC

Co fermoso libro de Anna Llenas "VACÍO" da Editorial Barbara Fiore Editora, os peques de 1ºC traballaron os valores, as emocións e como aprender a xestionalas.


Logo montaron un precioso vídeo musicado que podedes visualizar a continuación.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe quixemos celebrar o Día das Bibliotecas co alumnado que quere formar parte do equipo de colaboradores durante este curso escolar.

Grazas a moitos deles foi posible levar a cabo o cambio que fixemos na biblioteca nos últimos meses e hoxe quixemos agradecerlles o seu traballo e esforzo.

Foron moitísimas as solicitudes e esperamos poder organizar as quendas de tal xeito que todos e todas poidan colaborar dalgún xeito.

O luns abriremos a biblioteca a pleno rendemento para o goce de todo o alumnado, profesorado e familias.

Esperámosvos!!!


lunes, 18 de junio de 2018

FESTA COLABORADORES/AS.

Un ano máis, e a pesar de estar coa biblioteca pechada, non poidemos deixar aos colaboradores/as sen a súa festa de fin de curso en agradecemento ao seu traballo. Ademais de recibir o seu diploma tamén tiveron un pequeno agasallo. Aos que marchan para o instituto desexámoslle que lles vaia moi ben e sigan  vinculados ao mundo dos libros.  Mentres que desexamos que as de 5º continúen coa súa colaboración para o vindeiro curso.






FIN DO MERCADILLO SOLIDARIO

Tal e como comentamos na anterior entrada, o venres rematou o prazo para a recollida de alimentos para colaborar co Banco de alimentos "Rías Altas" e estamos moi contentos porque foi todo un éxito.
Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración, porque conseguimos recaudar moitísimos kilos que irán destinados a axudar a moitas outras familias necesitadas. Tamén moitas grazas ao grupo de colaboradoras que estiveron toda a semana axudándonos durante os recreos.






viernes, 8 de junio de 2018

MERCADILLO SOLIDARIO

A nova biblioteca vai collendo forma e unha das tarefas para conseguilo foi a de revisar os fondos e facer un expurgo para facer sitio ás novas adquisición.

Pero eses libros que agora non teñen cabida na nosa biblioteca seguro que noutras bibliotecas das casas dos nosos alumn@s terán unha nova oportunidade.

Así que dende a biblioteca decidimos facer un "mercadillo solidario" e colaborar co Banco de alimentos Rías Altas para que os nen@s que aporten un alimento poidan levar un libro a cambio.

Será durante a vindeira semana, así que animádevos e axudade a xuntar moitos kilos e a que voen os libros!!!!

lunes, 28 de mayo de 2018

AUDIO DO 15º PROGRAMA "VOCES EN COMPOSTELA" (Director e Coordinador da Biblioteca)

Agora si que tedes o derradeiro programa de "Voces de Compostela" sobre o traballo realizado o pasado curso sobre Santiago Medieval.
Nesta ocasión falaron o director e o coordinador da biblioteca para valorar a nosa participación na Radio e agradecer a toda a comunidade educativa o esforzo feito para facelo posible.

viernes, 18 de mayo de 2018

ENCONTRO SORPRESA CUNHA ESCRITORA

Hoxe, co gallo do Día das Letras Galegas, tivemos na biblioteca un encontro cunha escritora que, aínda que descoñecida para gran parte do alumnado do centro, formou parte do noso claustro durante este curso escolar.

Ela é María Lorenzo Miguéns, premio Xerais 2012 co libro "Tonas de laranxa", escrito en colaboración co seu pai Manuel Lorenzo Baleirón.

Unha sorpresa moi agradable para tod@s os que acudiron a escoitar o seu relato.


miércoles, 16 de mayo de 2018

AUDIO DO 14º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Familias colaboradoras)

E con esta entrada chegamos ao remate da entrega de podcast dos programas emitidos en Radio Voz no programa presentado por Alberto González, que durante os últimos meses estivo recollendo as vivencias e aprendizaxes de nen@s, profesorado e familias acerca do traballado durante o curso pasado en torno a Santiago Medieval.


PAZ E PRIMAVERA NA AULA DE 2ºB

Aquí deixamos uns videos onde podedes ver aos peques de 2ºB na aula cos traballos que fixeron para o Día da Paz e a Primavera.



lunes, 14 de mayo de 2018

AUDIO DO 13º PROGRAMA "vOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado Educación Física)

Audio do programa emitido a semana pasada en Radio Voz no que participou alumnado de 5º e 6º de Educación Física para falar do que traballaran o curso pasado relacionado coa época Medieval (danzas, xogos, instrumentos...).

viernes, 27 de abril de 2018

miércoles, 25 de abril de 2018

STOP MOTION "DESPOIS DA CHUVIA"

Aquí vos deixamos un video elaborado polo alumnado de valores de 1º A coa técnica Stop Motion, a partir do conto "Despois da chuvia", da editorial Kalandraka.

Un fermoso traballo!!
Noraboa á mestra e aos pequen@s artistas.




lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO. HORA LER NO PATIO

Precioso día para celebrar o Día do libro con lectura ao aire libre.

CONTACONTOS E OBRADOIROS CIF COMPOSTELA

O venres, os peques de Lamas tiveron a sorte unha vez mais de contar no cole co alumnado do ciclo de Infantil do CIF Compostela. Repartíronse por aulas en pequenos grupos e alí deleitaron aos nen@s coa narración de varios títulos de album ilustrado e con pequenos obradoiros relacionados coas lecturas.

Aquí tedes un vídeo cos mellores momentos.


miércoles, 18 de abril de 2018

jueves, 12 de abril de 2018

AUDIO DO 10º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado de Religión)

Agora toca comezar cos traballos dos especialistas. Nesta semana foron os alumn@s de Relixión (4º e 5º), os que falaron dos peregrinos e os distintos Camiños de Santiago.





viernes, 6 de abril de 2018

AUDIO DO 9º PROGRAMA "VOCES DE COMPOSTELA" (Alumnado de 4º)

Novo capítulo do programa "Voces de Compostela", lembrando o traballado o curso pasado no PDI Santiago no Medievo. 
Nesta ocasión participaron os alumn@s de 4ºA e 4º B que falaron dos medios de transporte e a liña do tempo. 



martes, 3 de abril de 2018

PECHADA POR OBRAS.

Abadiño informa que durante uns días a biblioteca permanecerá pechada e reducirá a súa actividade, xa que, imos a levar a cabo unha gran transformación coa idea de converter a biblioteca nun lugar máis útil e acorde coas necesidades do século XXI.  Ao entrar no PLAN LÏA 2.0 (grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia) recibimos un investimento importante para seguir avanzando na Lectura, a Información e a Aprendizaxe. Queremos acadar unha serie de desafios como mellorar a atención á diversidade (Biblioteca Inclusiva), mellorar as capacidades lectoras do alumnado e avanzar na lectura dixital (Alfabetizacións múltiples), desenvolver programas para a competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI) ou ampliar iniciativas destinadas a implicación das familias e do profesorado para evolucionar cara unha Biblioteca como centro creativo de aprendizaxes.
      Perdoade as molestias ocasionadas pero seguro que estes inconvintes se verán gratamente recompensados co cambio que lle queremos dar á Biblioteca. Seguiremos informando.




DÍA DA POESÍA

Aproveitando a celebración do Día Mundial da Poesía colocamos no hall dous murais para que libremente os rapaces e rapazas anotaran en post-it de cores versos ou títulos de libros de poemas que máis lles gustasen. O venres ao marchar de vacacións cada un podía coller un e levalo para casa.
Así está quedando a entrada.