sábado, 25 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O venres 24 de febreiro conmemoramos na Biblioteca e no centro o “DÍA DE ROSALÍA” (o 180 aniversario do seu nacemento) con diferentes actividades.

Por una banda o alumnado colaborador de 6º representou co Kamishibai o libro “Rosalía” de Helena Villar e Ánxeles Ferrer da Fundación Rosalía de Castro.




Por outra banda, houbo un momento para pasar polo “Photocall” que fixeron o alumnado de 3º B e de 5 anos A Infantil. 

E como sorpresa final, Daniela Rial de 1º deleitounos con dúas fermosas cancións: “Nadal de Luintra” e “Adeus ríos, adeus fontes”.





Tamén montouse un mural moi creativo coa imaxe de Rosalía no que colaboraron todas as aulas do colexio aportando cada unha a súa creatividade.

miércoles, 22 de febrero de 2017

DISCO CON POEMAS MUSICADOS DE ROSALÍA DE CASTRO

O cole xa está inmerso nos preparativos para conmemorar o nacemento da poetisa Rosalía de Castro, o venres 24 de febreiro.

Unha das cousas que se fixeron é este disco creado polos nenos e nenas de 3ºB con poemas musicados de Rosalía de Castro, interpretados por diferentes artistas e grupos musicais.

Esperamos que gocedes con eles coma nós!!


1. Viches a Rosalía de Castro?, vídeo creación realizada pola EEI de Lañas (A Baña). Marzo de 2013.
2. Rosalía pequeniña, do libro disco Rosalía pequeniña de Uxía (Editorial Galaxia).
3. A grasia non era pouca, do libro disco Rosalía pequeniña de Uxía (Editorial Galaxia). Animación audiovisual feita polo alumnao de 6º de Ed. Infantil do CPI Progreso de Catoira.
4. Adiós ríos, adiós fontes, do libro disco Raidpoemas de Aid (Editorial Galaxia).
5. Adiós ríos, adiós fontes, do disco Séptimo Pecado da banda de rock ASTAROT.
6. Na língua que eu falo interpretado por Najla Shami acompañada por Sérgio Tannus. Do disco.
7. Quíxente tanto meniña, interpretado por Alba María (Casa Museo de Rosalía, maio 2 014)
8. Aló, poema musicado por aCadaCanto, e incluido no EP A rosa d'Adina.
9. Negra sombra, poema interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez.
10 .Alborada, incluído non CD Rosalía21 de Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira. (na voz de Anxo Angueira).

martes, 21 de febrero de 2017

VISITA DE ALICIA BORRÁS


Hoxe visitounos a entrañable escritora Alicia Borrás, autora das recoñecidas obras “Nata y Chocolate” e “¡Nata y Chocolate Invencibles!” editadas por Anaya.
O encontro foi co alumnado de 5º de primaria que aproveitaron a súa presenza para facerlle un montón de preguntas.
Ao final, Alicia tamén tivo tempo para asinarlles o libro e agasallalos co seu sorriso e dozura.
Moitas Grazas.


IV MOSTRA DO ENTROIDO

Un ano máis, e por cuarto ano consecutivo celebramos cos centros educativos da zona, unha xornada de exaltación dos Entroidos de Galiza. Nesta ocasión tocoulle ao de Laza (Ourense)
Aquí unha mostra do que traballamos previamente.




viernes, 10 de febrero de 2017

TÍTERES CACHIRULO VISITA LAMAS


O mércores da semana pasada tivemos a sorte de contar coa compañía de Títeres Cachirulo no noso centro nunha sesión de contacontos para o alumnado de 1º.
Aquí vos deixamos cunha presentación para que poidades visualizar eses momentos.