martes, 31 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Co gallo da celebración, o pasado 24 de outubro, do Día da Biblioteca, propuxemos unhas actividades para poñer en valor a Biblioteca e facer fincapé nos seus beneficios. Unha destas actividades foi a elaboración duns carteis, por parte de cada aula, con lemas para facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da B.E. Por unha banda eliximos lemas xa empregados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares ou por outras entidades, e noutros casos foron lemas propostos polo alumnado. Finalmente colocámolos polas escaleiras da planta baixa.  O resultado é marabilloso e invitamos a todos a vir a velo e pararse a ler cada un dos lemas.




lunes, 30 de octubre de 2017

CONTACONTOS "ESQUELETO LADRÓN"

Aproveitando estas datas terroríficas, hoxe, durante o recreo Carlota, Uxía e José de 6º leron o conto "Esqueleto ladrón" de Pablo Albo e Lucía Serrano da Ed. Thule. Houbo una boa asistencia e animamos a todos/as a vir á biblioteca a lernos máis contos.

sábado, 21 de octubre de 2017

PREMIOS DO CONCURSO DA FEDERACIÓN COMERCIO



O pasado sábado 14 de outubro tivo lugar a entrega de premios do concurso de redacción que organizaba a Federación de Comercio de A Coruña, xunto á Consellería de Educación e Abanca “Os pequenos co pequeno comercio”. No concurso os rapaces e rapazas tiñan que contar o que era para eles o comercio do seu barrio, unha historia na que reflexaran os seus sentimentos, vivencias, recordos ou experiencias no pequeno comercio.

Os nen@s do CEIP Lamas de Abade tiveron moito protagonismo neste acto, xa que conseguiron oito dos vinte premios posibles. Aquí vos deixamos algún deses traballos e fotos do acto.

Parabéns a todos/as eles e tamén animar aos que participaron e non acadaron ningún dos premios a seguir escribindo.






viernes, 13 de octubre de 2017

AGASALLOS DE MÓNICA I. VARELA GESTOSO.

Hoxe recibimos a visita da profesora e escritora Mónica Varela que nos agasallou cos seus primeiros libros de poemas: "Soños de nenos" (Ed. Embora co que acadou o Premio Arume de poesía para nenos 2015 outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas), e con "Versos e bolboretas" (Edicións Fervenza). Moitas grazas polos agasallos e dedicatorias e esperemos que sexa a primeira visita de moitas.

"A poesía é un xogo
serio e fermoso,
mirar o mundo
cos ollos dos soños..."