lunes, 30 de enero de 2017

"AQUÍ PAZ Y ADEMÁS GLORIA"


Hoxe, día 30 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz, cinco alumnas e un alumno, colaboradores da Biblioteca, recitaron durante o recreo uns poemas do libro de Gloria Fuertes (este ano conmemórase o centenario do seu nacemento)Aquí Paz y además Gloria”.
Coma sempre, houbo moita asistencia e tivemos que facer dous pases.



MAPA MUNDI PARA O DÍA DA PAZ

Outra das actividades propostas foi a elaboración dun xigantesco mapa mundi onde cada nivel traballou sobre un grupo de países para coñecer máis a fondo a situación que atravesan.
Aos países con conflictos ou guerras lles colocaron un gomet vermello e aos que están en Paz unha bandeira cunha pomba.

Precioso traballo en equipo!!


DÍA DA PAZ

Os peques de Infantil, a proposta do equipo de convivencia, traballaron estes días arredor dun fermoso libro: "Una montaña de amigos" da editorial Kókinos.



O libro conta a historia dun pingüín que ten o soño de voar entre as nubes e, coa axuda de tódolos seus amigos animais consegue por un instante cumplir o seu soño. Así que os nosos peques quixeron poñer o seu gran de area e axudar aos animais a que o pingüin alcanzara as nubes.

Entre todas as aulas colorearon os animais e se debuxar eles tamén para formar unha gran torre pola que pingüin fora subindo pouco a pouco, porque OS NENOS E NENAS DESTE COLE SON UNHA GRAN MONTAÑA DE AMIGOS.