lunes, 23 de mayo de 2016

RECITAMOS A MANUEL MARÍA

Esta semana durante o recreo varios rapaces e rapazas de 2º e 3º recitaron poemas de Manuel María para rendirlle a súa pequena homenaxe.
Aquí tedes algunhas imaxes do momento e algún vídeo que reflexa o ben que o fixeron.
Moitas grazas nen@s!!


Poemas na biblioteca by Slidely Slideshow








martes, 17 de mayo de 2016

RECUNCHO DE MANUEL MARÍA

No cole quixemos facer unha pequena homenaxe a Manuel María, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Montamos entre varios cursos un pequeno recuncho con traballos dos pequenos referidos a algúns dos seus poemas e retratos feitos polos mais maiores, así como unha pequena selección dos fondos dos que dispón a nosa biblioteca sobre este autor.



FELIZ DÍA A TOD@S!!!!!

domingo, 15 de mayo de 2016

CONTACONTOS PARA 1º E 2º

Esta semana tivemos a sorte de contar coa visita do contacontos Iago para amenizar unha sesión de lectura co libro "Feliz Feroz" da editorial Xerais para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.
Moitas grazas Iago e Xerais por facernos pasar un rato tan agradable e divertido.


Velaquí unhas imaxes do momento.
.

lunes, 2 de mayo de 2016

VISITA DA ESCRITORA ALICIA BORRÁS

Hoxe o alumnado de 6º tivo a sorte de ter un encontro coa escritora Alicia Borrás, autora entre outros libros de "Nata y Chocolate" e "¡Nata y chocolate invencibles!", publicados pola editorial Anaya.

Encontro moi entrañable gracias ao seu carácter, que fixo que marcharan encantados tanto pequenos como maiores.


MANUEL MARÍA E AS LETRAS GALEGAS

Entramos de cheo no mes de Maio, o mes no que Galicia celebra a súa festividade das Letras Galegas, así que Abadiño quere compartir con vos unha pequena selección de páxinas que atopou na rede cunha serie de recursos que vos poden resultar útiles para traballar a figura de Manuel María, autor ao que se lle adica este ano dita data.

Para máis información premede nas imaxes.

Dende o Seminario Galán, un ano máis, recopilaron esta chea de materiais para achegarnos á figura deste recoñecido poeta.



Páxina da casa-museo de Manuel María en Outeiro de Rei.




Os equipos de dinamización da lingua tamén crearon esta páxina web cunha chea de recursos.




Rap creado polo alumnado do CEIP Antonio Fernández López.



Poemas musicados do libro-cd "Canta o cuco", interpretados por Uxía e Magín Blanco.