miércoles, 27 de mayo de 2015

VIDEOS DE RECOMENDACIÓN DE LECTURAS

Este primeiro video que publicamos hoxe esperamos sexa o primeiro de moitos máis que vaiamos subindo ao noso blog.
Sempre que algún neno ou nena, aula, titores... queiran recomendar unha lectura que lles gustou moito, aquí terán o escaparate para mostralo.
Esperamos que esta nova pestaña teña moitísimas recomendacións.

martes, 26 de mayo de 2015

FRAN BUENO ILUSTRA O NOSO PATIO

A semana pasada tivemos a sorte de contar coa colaboración de Fran Bueno, un coñecido ilustrador e pai de dous rapaces do cole, que quixo pintar un fermoso mural para o noso patio baseado no tradicional conto de Charles Perrault "Carapuchiña Vermella".

Mirade as fotos para ver o proceso e o marabilloso resultado.




Moitísimas grazas Fran.

viernes, 22 de mayo de 2015

NOVA INAUGURACIÓN DE RÚA

Nesta ocasión tocoulle a quenda á rúa Maruxa Mallo, pintora surrealista nada en Viveiro no 1902 e que foi escollida polo alumnado de 5ºde Primaria.

Tivemos a sorte de contar con dous artistas ,Manuel Eirís e Neves Seara, con quen os rapaces de 5º e 6º compartiron uns momentos nos que lles explicaron detalles sobre o traballo da artista Maruxa Mallo e a continuación fixeron con eles un pequeno obradoiro de pintura.

Un traballo moi interesante e que os rapaces souberon aproveitar.

Moitas grazas Manuel e Neves por dedicarnos o voso tempo.

miércoles, 20 de mayo de 2015

A NOSA EX-PROFE DE MÚSICA PRESENTA UN LIBRO

A profe de música Mª José Gulín, xubilada dende o curso pasado, presentou hoxe para o alumnado de Primaria o libro que acaba de publicar coa editorial Bolanda "O zapateiro no bosque".
Acudiu tamén a representante da editorial e a ilustradora Antía Barba Mariño.
Ademais, durante estas últimas semanas fixo na biblioteca pequenas sesións nos que presentaba tamén aos de Infantil o seu traballo.
Aquí tedes algunhas imaxes.








miércoles, 13 de mayo de 2015

PADRIÑOS E MADRIÑAS LEN NO PATIO PARA OS SEUS AFILLAD@S

Un ano máis, no Mes das Letras, os maiores do cole saíron ao patio cos pequenos e pequenas para gozar da lectura dun conto. Coma sempre, un éxito total!!
Esperamos repetir unha vez máis estes encontros lectores que tan ben fan a todos e todas.



martes, 12 de mayo de 2015

GUADI GALEGO INAUGURA A SÚA PRAZA

Continuamos co proxecto das rúas con nome de muller e hoxe tocoulle aos rapaces de 1º que eran os encargados de buscar unha muller relacionada co mundo da música para poñerlle nome á praza que está na entrada do cole.
Eles decidiron que unha muller da nosa terra importante, relacionada co tema e significativa para eles era Guadi Galego.
E unha vez máis, tivemos a sorte de contar coa súa presenza para facer a inauguración oficial. Ademais aproveitamos a ocasión todo o alumnado do centro para cantar con ela un dos temas do seu último cd "Lúas de outubro e agosto".




lunes, 11 de mayo de 2015

SOL= HORA LER NO PATIO

Aproveitando que por fin chegaron uns días calorosos, hoxe todo o cole dende Infantil ata 6º, saímos na hora de ler ao noso marabilloso patio para gozar de boas lecturas en compañía dos nosos compis.

Mirade que fermosura de entorno temos en Lamas!!

lunes, 4 de mayo de 2015

PAULA CARBALLEIRA HOXE NO COLE

Con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, dende a biblioteca fixeramos varias propostas. Unha delas era poñer nomes de mulleres aos corredores do noso centro e, no corredor de Infantil, escolleron á polifacética Paula Carballeira.

Tivemos a sorte de que aceptou a nosa invitación para inaugurar este espazo e hoxe puidemos gozar da súa presenza . Uns momentos con ela nos que aproveitamos o tempo ao máximo.

Os peques de Infantil fixeron varios traballos sobre algúns dos seus contos como Paco , Chímpate Pepa, A casa redonda, A burra Ramona... Fixeron murais, letras xigantes en 3D cos títulos, retratos da autora, unha entrevista...


A maiores tamén tivemos a sorte de que os rapaces e rapazas de 6º representaran para os de Infantil, 1º,2º e 3º a obra de teatro "Boas noites" que..., marabillosa coincidencia, tamén foi escrita por Paula Carballeira. 

 Aquí tedes algunhas imaxes tantos dos traballos como dos momentos que pasou hoxe con nós na escola. 
 





Moizas grazas Paula pola túa visita, estivemos encantados coa túa presenza.

viernes, 1 de mayo de 2015

PRESENTACIÓN NO KAMISHIBAI DUN CONTO POLOS NENOS E NENAS DE 2º

Durante esta semana, os rapaces e rapazas de 2ºB fixeron a presentación no kamishibai do conto de "Wangari y los árboles de la Paz" publicado por Ediciones Ekaré. Levaban traballando nel dende facía un tempo e agora chegaba o momento de mostralo ao resto do cole.



Foi un gran traballo que tivo a súa recompensa nas caras de satisfacción dos peques de 3, 4 e 5 anos, para os que o representaron en varias ocasións.
Moitas grazas, foi todo un éxito!!