jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO CO ALUMNADO DO CIF COMPOSTELA

Un ano máis o alumnado do CIF Compostela do ciclo de Infantil veu ao noso centro a facer unhas sesións de contacontos para os peques de Infantil. Contos do máis variado con títulos como El monstruo de colores, Os chibos chibóns, El huevo más bonito del mundo, A cebra Camila, Elefante Comellón...






miércoles, 8 de abril de 2015

XV CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTURA

Un año máis, a editorial Kalandrakaen colaboración co Concello, promoven una serie de actividades durante os meses de abril e maio na Galería Sargadelos, tales como contacontos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, exposicións, contos con música en familia...

Nesta ocasión, tivemos a sorte de asistir os peques de 3 e 5 años a una sesión de contacontos a cargo de Patricia e Álex, que nos deleitaron coa representación de varios contos. Un deles o que leva por título "Ícaro", gañador do VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado e do que tivemos a sorte de coñecer en persoa ao seu ilustrador Federico Delicado.

Non deixedes de consultar o programa que teñen para as familias porque é unha ocasión magnífica para gozar cos vosos peques destas fermosas lecturas.