miércoles, 28 de octubre de 2015

UN NOVO SAMAÍN

Como ven sendo nos últimos anos, Abadiño propuxo un novo obradoiro de lecturas de medo para que os nenos e nenas do cole poidan gozar de lecturas terroríficas da man dos profes e en distintos espazos do centro.
Así que tocaba escoller lectura, anotarse e esperar ao mércores na Hora de Ler para gozar deste momento.
Aquí podedes ver varias imaxes da ocasión.

martes, 27 de octubre de 2015

NOVA COLABORACIÓN CIFP COMPOSTELA

Un curso máis tivemos a sorte de contar co alumnado do ciclo de Infantil, que viñero contar contos aos máis pequenos relacionados co Samaín e aproveitaron para facer un obradoiro de cociña.
Títulos como:  Corre corre, cabaciña, Unha pantasma con asma...  deleitaron aos máis pequenos e pequenas e remataron a diversión preparando deliciosas receitas terroríficas. 


martes, 20 de octubre de 2015

OS AVÓS DA BIBLIOTECA

Esta é a nova proposta que dende o equipo de Biblioteca preparamos para conmemorar o “Día das bibliotecas escolares”, que é o 24 de outubro.

Dende fai uns meses levamos separando exemplares dos nosos fondos, editados fai 30-40 anos ou máis, que viamos que non tiñan saída entre os rapaces e rapazas pero que consideramos que teñen un valor importante xa que a maioría foron usados polos seus país/nais e avós.

Na entrada do centro preparamos unha exposición que leva o nome de “Os avós da biblioteca”. Alí están colocados todos eses fondos escollidos, acompañados de fotos antigas de pais e nais do alumnado do centro da súa etapa escolar, algunhas incluso pertencen ao Ceip Lamas de Abade.

Cada aula participará acudindo un día á biblioteca durante a hora de ler para mostrarlles aos nen@s eses libros e facelos así ben visibles. Unha vez rematada a exposición terán un lugar destacado na nosa biblioteca.

Convidamos ás familias a visitar a exposición e gozar lembrando vivencias da súa etapa escolar.