sábado, 28 de marzo de 2015

ÚLTIMA SESIÓN DE POESÍA NOS RECREOS

O venres tivemos durante o recreo a última sesión de lecturas de poemas. Esta vez tocoulle o turno a varios rapaces e rapazas de 1º, ao alumnado de 4º A e unha alumna de 6º que recitaron e cantaron varios poemas do libro "Uxía. Rosalía pequeniña" da Editorial Árbore-Galaxia.









Moitas grazas a todos e todas as que colaborachedes nesta semana da Poesía, esperamos que fora do voso agrado e poidamos repetir en futuras ocasións.




jueves, 26 de marzo de 2015

1º A E O SEU CONTO NO KAMISHIBAI

Os nenos e nenas de 1ºA xa remataron o seu traballo sobre o conto "Negros e Brancos" da Editorial Xerais e así poder representalo no Kamishibai.


Esta foi unha actividade proposta por Abadiño, incluída na miniwebquest dirixida aos niveis de 1º e 2º, para traballar o Día da Paz.

A continuación podedes ver un pequeno vídeo da súa posta en escena, elaborado polo alumno en prácticas Carlos Souto Farto. Dende aquí queremos darlle as grazas pola súa dedicación na preparación deste fermoso vídeo.

DE NOVO RECREOS+POESÍA

Unha pequena mostra da lectura de poemas de onte e hoxe durante o recreo.



martes, 24 de marzo de 2015

TALLER CONTACONTOS CO ALUMNADO DO CIF COMPOSTELA

Un ano máis, o alumnado en prácticas do ciclo de Infantil do CIF Compostela acompañounos durante unha parte da xornada escolar. Repartidos nas aulas de Infantil, organizaron unha sesión comezando coa lectura dun conto relacionado cos alimentos para dar paso logo a un obradoiro de cociña do que gozaron todos os cativos e cativas.
Moitas grazas pola vosa colaboración, e xa sabedes que aquí estamos para novas experiencias.




CONTINUAMOS COS POEMAS

Hoxe no recreo tocoulles o turno a Martín Méndez, Carmen Vázquez, Celia Febrero, Lía Rivas e Claudia Aldrey de 5ºA, que leron "5 motivos para ler poesía" segundo o escritor Fran Alonso.




lunes, 23 de marzo de 2015

SEMANA DA POESÍA

Esta semana, durante os recreos na biblioteca, os maiores do cole recitarán pequenos poemas para conmemorar o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, proposto dende o 2001 pola Unesco.
Aquí tedes unha pequena mostra dese momento no recreo de hoxe.

miércoles, 18 de marzo de 2015

ENCONTRO DO ALUMNADO DE 3º CO ESCRITOR MANUEL RIVAS

Este curso, o alumnado de 3º dentro do seu itinerario lector, están traballando o libro "A mestra e o raposo" publicado por Xerais e escrito por Manuel Rivas. Así que, que mellor remate do traballo que un encontro co propio autor, que fixo as maravillas de pequenos e non tan pequenos.


OUTRA MULLER IMPORTANTE DE LAMAS

Onte tivemos a visita de Carmen López, a nai de Inés Carrera López de 2ºB.É doutora en Bioloxia e veu a facer unha breve presentación de como é o seu traballo como científica na Universidade de Santiago.
Aquí tedes unha pequena mostra en fotos da explicación que tivo cos de 2º, e que logo tamén tiveron a sorte de escoitar o alumnado de 6º.

jueves, 12 de marzo de 2015

UNHA DAS NOSAS MULLERES IMPORTANTES

Queremos compartir con vós este fermoso vídeo dunha das mulleres importantes na vida dun cativo do centro. En concreto trátase de Rosa Codesido, a tía avoa de Antonio Codesido Lorenzo de 1ºA. Unha misioneira que realiza a súa labor humanitaria en Angola, axudando coas labores de enfermería.
Moitas grazas por compartilo con todos nós.


viernes, 6 de marzo de 2015

MURAL DÍA MULLER TRABALLADORA

E pouco a pouco imos enchendo o noso mural coas mulleres máis importantes da vida dos cativos do cole.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.

martes, 3 de marzo de 2015

PREPARANDO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Dende a biblioteca, Abadiño enviou unha carta cunha serie de propostas para enlazar a conmemoración deste día co PDI sobre "O entorno, o noso barrio".


Unha delas é facer un mural coas fotos das mulleres importantes na vida dos nenos e nenas do cole, explicando o seu traballo e o seu vínculo con elas. En breve teremos completado o mural, e poñeremos unhas fotos para que vexades o resultado.



Outra será a de traballar as rúas do noso barrio e doutras zonas da cidade con nome de muller. Aquí tedes un documento con enlaces para saber algo máis destas mulleres.