miércoles, 28 de enero de 2015

QUENTANDO MOTORES COAS ACTIVIDADES DA PAZ

Estes días moitas clases xa están metidas de cheo nos traballos.
E na entrada do cole xa temos o mural que fai referencia aos Premios Nobel da Paz, onde aparece tamén a pregunta ao concurso que Abadiño organizou.
Non deixedes escapar a oportunidade de participar!!

viernes, 23 de enero de 2015

LIBROS PARA A PAZ

Aquí tedes unha selección de lecturas relacionadas coa Educación para a Paz elaborada polo equipo de biblioteca para aproveitar cos nenos e nenas nas aulas.

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Abadiño xa preparou as actividades pra traballar durante a semana que ven, na que conmemoramos o Día Escolar pola Paz.
Enviou unha carta coas propostas, entre as que hai dúas miniwebquest, unha para 1º e 2º e outra para 3º,4º, 5º e 6º.




https://sites.google.com/site/ilustramosapaz/




https://sites.google.com/site/crearunmundomellor/









miércoles, 21 de enero de 2015

AGASALLO DE REIS

Este ano Abadiño pediulles aos Reis Magos un agasallo para os máis maiores do cole.
Uns e-reader !!!!
Trouxéron catro e, en breve comezará o seu préstamo para os nenos e nenas de 6º e que así os poidan aproveitar antes de marchar ao instituto.



Esperamos que vos gusten as súas lecturas.