martes, 3 de junio de 2014

PROXECTO DOCUMENTAL REMATADO


Durante varias semanas os rapaces e rapazas do cole estiveron traballando a figura do artista Henri Matisse, a raíz dunha exposición inaugurada recentemente na Tate Gallery de Londres sobre o seu traballo nos últimos anos da súa vida.

Foron moitos días de traballo nas aulas, moitas horas de dedicación e agora por fin podemos ensinarvos os resultados.

Por este motivo fixemos unha exposición polos corredores do colexio, á que convidamos ás familias a asistir polas tardes e comprobar así en persoa os maravillosos resultados acadados polos cativ@s.

Aquí tedes unha pequena mostra. E xa sabedes, non deixedes de acudir a visitala.





BOLETÍN NOVIDADES ABRIL E MAIO