domingo, 23 de marzo de 2014

NOVO OBRADOIRO LECTURA PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA

Mes de marzo, e comezo da Primavera. Ese mesmo día celébrase o Día da Poesía e, outro ano máis conmemorámolo no cole cun obradoiro de lectura onde todos os rapaces do centro mestúranse e escollen aquela lectura que lles apetece escoitar no espazo escollido por algún mestre.

Coma sempre, un éxito...

DESPOIS DUN CONTO... A CHUPARSE OS DEDOS

De novo tivemos a visita esta semana dos alumn@s do ciclo de Infantil do CIF Compostela. Como noutras ocasións, comezaron o taller coa representación dun conto e logo relacionando a temática prepararon unhas comidas ben ricas coas que máis de un relameu un ou tódolos dedos.

Saboreade ben as fotos!!