viernes, 19 de diciembre de 2014

PANXOLIÑA DOS PEQUES DE INFANTIL

Os máis peques do cole queren aproveitar a ocasión para desexarvos unhas Boas festas cantando unha panxoliña que aparece recollida no libro-cd de Susa Herrera "Cartas que veñen en van".

jueves, 18 de diciembre de 2014

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL 2014


Xa temos as nosas recomendacións de lecturas para o Nadal, fresquiñas fresquiñas!!
Esperamos que poidades atopar nelas o agasallo perfecto para os cativos e os non tan cativos.

Saúdos do equipo de biblioteca e BOAS FESTAS!!!




miércoles, 17 de diciembre de 2014

RESULTADOS DO CONCURSO DE RELATOS "CIENCIA QUE CONTA"

O sábado foi a entrega de premios en Vigo do concurso Ciencia que Conta, do que xa comentaramos no blog que había dous finalistas do noso cole. Conseguiron uns ben merecidos segundo lugar, Carmen Urrutia e, un cuarto Marcos Vaamonde, de entre todos os presentados en Galicia.
Aquí tedes a mostra dos seus relatos e unhas imaxe da recollida de diplomas e premios.







miércoles, 10 de diciembre de 2014

CIENCIA QUE CONTA

A alumna de 5ºB, Carmen Urrutia González-Fierro co relato "A marabillosa lúa" e o alumno de 6ºA, Marcos Vaamonde Couto co relato "Unha clase moi rara" foron seleccionados dentro dos cinco finalistas do 7º concurso de relato curto "Ciencia que Conta 2014" que organiza a Fundación Barrié.
Para a resolución final do premio haberá que agardar ao vindeiro sábado 13 de Decembro ás 17h na festa de Ciencia que Conta 2014 na Sede da Fundación Barrié en Vigo e esperemos que sexa un dos nosos alumnos o gañador/a final.
Ademais deles tamén participaron outros alumnos/as de 5º e 6º. En breve poderemos ler os seus relatos. Aquí tedes o enlace para saber máis:

lunes, 1 de diciembre de 2014

ESCARLATINA E OS RAPACES DE 6ºA

Madalenas feitas polos nenos e nenas de 6ºA seguindo as instrucións da primeira receita que aparece no libro de lectura recomendado que están lendo:
“Escarlatina, a cociñeira defunta” de Ledicia Costas