jueves, 30 de mayo de 2013

OS NEN@S DE 2º TRABALLAN SOBRE AS ABELLAS


Os rapaces de 2º A e B, estiveron traballando un pequeno proxecto sobre as abellas. Usaron a biblioteca do cole para buscar información e foi tamén alí onde os grupos de traballo expuxeron ao resto o resultado do seu traballo.
Como colofón a este proxecto, o venres pasado foron de excursión a "Apipolis", onde puideron comprobar todo o que estiveran aprendendo nas últimas semanas.

(Texto redactado polos nen@s na aula)

O venres 24 de maio os nenos e nenas de 2º curso do C.E.I.P. Lamas de Abade fomos a Pontevedra a visitar a “Apipolís”. Alí vimos unha exposición. Despois fomos ó taller dos produtos que se obteñen das abellas. Mais tarde vestímonos de apicultores e camiñamos ata o apiario. Logo aprendéronos a facer galletas e pasámolo moi ben. Despois de comer xogamos cos balóns e cun paracaídas.
Foi un día estupendo!


miércoles, 22 de mayo de 2013

OS RAPACES DE 1º NA XIII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DA EDITORIAL KALANDRAKA


Onte, 21 de maio, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria visitamos a galería Sargadelos para asistir á campaña de animación á lectura do Concello de Santiago en colaboración coa editorial Kalandraka. Foi a mesma visita que xa fixeran os nosos compis de Infantil, o que non quere dicir que non nos gustara tanto ou máis. :)


miércoles, 15 de mayo de 2013

ENCONTRO COA ESCRITORA TERESA MOURE


Hoxe, os alumn@s do 1º ciclo tiveron a sorte de pasar un rato coa escritora Teresa Moure, nai dun alumno do noso centro. Aproveitaron a ocasión para charlar e facerlle unha chea de preguntas e comentarios sobre o mundo da escrita e outros temas.

Veu falar de dous fermosos libros que tratan sobre os sentimentos e emocións das mulleres cando van a ser nais, así como dos lazos de unión e o amor nas relacións entre a nai e o seu fillo recén nado. Libros que forman parte das caixas da hora de ler das aulas do 1º ciclo, polo que pareceunos unha boa idea que os rapaces coñeceran en persoa á creadora destas fermosas historias.

Moitas grazas Teresa pola túa visita.






lunes, 13 de mayo de 2013

DECORAMOS AS BIBLIOS DE AULA

Outra das actividades que organizamos para o Mes dos libros foi a de decorar e facer un pouco máis vistosos os espazos que nas nosas aulas adicamos á lectura, eses pequenos recunchos cos que disfrutamos na Hora de ler e noutros momentos da xornada escolar.

Na presentación que tedes a continuación podedes ver as aulas que participaron e se queredes votar pola que máis vos gustou deixade un comentario nesta entrada.

Sorte a tod@s e a seguir disfrutando deses MOMENTOS DE LECTURA