domingo, 24 de marzo de 2013

DÍA POESÍA

O venres despedimos o trimestre celebrando o Día da Poesía, que se conmemorou o 21 de marzo. Rematamos de decorar a entrada do centro cos paraugas que elaboraron os rapaces e rapazas e dos que colgaban as pingas cos poemas, estrofas ou versos que traballaron nas aulas. Mirade que bonitos e alegres quedaron!




Ademais fixemos o noso obradoiro de lectura trimestral, que como non podía ser doutro modo, estivo adicado á Poesía. Coma nas outras ocasións, os profes escolleron a lectura e o espacio, elaboraron o cartel para facer publicidade da mesma e logo os nen@s íanse anotando naquelas que querían escoitar. Nin que decir ten, que a eles esta actividade lles encanta e que todos xuntos pasamos un momento moi agradable.

jueves, 14 de marzo de 2013

CONTACONTOS E TALLER COCIÑA A CARGO DAS ALUMNAS DO CIFP COMPOSTELA

O martes tivemos a sorte de contar de novo coa visita das alumnas en prácticas do ciclo de Infantil do CIFP Compostela. Repartironse polas aulas de Infantil e comezaron a sesión contando unha serie de contos como: O polo Pepe, Unha eiruga moi larpeira, La manzana y la mariposa... que derivaron logo nuns talleres de cociña.

Qué rico estaba todo! Uns verdadeiros cociñeiros e cociñeiras, incluso daba penar comer algunhas das obras de arte que crearon os nosos pequenos.

Mirade as fotos e veredes os resultados.

martes, 5 de marzo de 2013

VISITA DO ESCRITOR PEPE MAESTRO

O luns a primeiriña hora da mañá tivemos unha visita na nosa biblioteca. O escritor Pepe Maestro veu deleitar coas súas historias aos rapaces do primeiro ciclo. Foi unha visita curta pero moi rica, xa que os pequenos quedaron totalmente prendados coas súas narracións...tanto que ao remate só se lles escoitaba berrar:
"Tú si que vales!!".
Velaí unhas cantas fotos que ilustran o momento.