miércoles, 27 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA

O Domingo conmemorouse o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e con tal motivo quixemos propoñer dende a biblioteca unha pequena actividade para traballar un pouco a obra desta autora.
Ademais neste 2013, no mes de xullo, cúmplense 150 anos da publicación do seu libro "Cantares Gallegos".
Nesta ocasión e partindo deste fermoso libro ilustrado dun dos seus poemas, "Parece unha rosa" da editorial Espiral Maior, propuxemos ás aulas que fixeran unha ilustración en A3 das estrofas para decorar a entrada do noso centro.

Mirade que bonito quedou:



A maiores noutras aulas tamén fixeron algún que outro traballo sobre Rosalía:


E un grupo de rapaces adicoulle un rap, aquí tedes aos "Rapeiros de Lamas":


miércoles, 6 de febrero de 2013

TRABALLANDO O ENTROIDO

Dende o equipo de normalización lingüística e a biblioteca preparouse unha proposta didáctica para traballar o Entroido. A idea é facer un pequeno xogo de investigación para descubrir novas cousas sobre a tradicíón do Entroido nas terras do Ulla, moi preto do noso centro.

Algúns rapaces do cole participan desta tradición e recitan coplas tratando con moita ironía temas de actualidade.Aquí tedes un pequeno exemplo

lunes, 4 de febrero de 2013

O ENTROIDO CHEGA A LAMAS

Pois si, xa estamos na semana do Entroido e polo cole xa apareceu Dona Meca, cos grelos fresquiños da nosa terra e listos para meter na pota do cocido. :)


Aquí podedes ler os versos que escribiu para engalanarnos durante a semana.











sábado, 2 de febrero de 2013

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ

Estos días pasados, os rapaces cos seus titores, estiveron preparando as actividades para conmemorar o Día escolar da Paz; actividades propostas polo equipo de biblioteca e o equipo de convivencia.
Unha delas foi a de traballar o poema “In Flanders' Fields” escrito por John McCrae en 1915, que fala dos campos de papoulas de Flandes, unha reflexión sobre as consecuencias da guerra. Así, todo o centro fixemos unha flor con papel hixiénico, como símbolo da Paz, que levamos prendida na roupa ese día.




Na biblioteca había unha exposición de libros sobre o tema, que as distintas clases tiveron que consultar para resolver as preguntas do xogo de pistas e de educación documental.

En Infantil:

En 1º e 2º ciclo:

En 3º ciclo:

Aquí tedes unha pequena mostra deses momentos na biblioteca:



Abadiño prometeulles aos rapaces que se resolvían con éxito as preguntas, terían unha pequena sorpresa. Que sería???