miércoles, 24 de octubre de 2012

DÍA BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Este é o cartel que edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para promocionar deste xeito estes espazos de recursos que inundan os nosos centros.

Este ano a ilustración correu a cargo do galego Andrés Meixide.



Nós, para festexalo, que mellor cousa que estar formando correctamente, durante estos días, aos nosos usuarios e facéndolle entrega ao novo alumnado de infantil e primaria o seu carnet de Abadiño.

lunes, 22 de octubre de 2012

AGORA SI, FORMACIÓN DE USUARIOS!!

Esta semana comezamos coas sesións por aula de formación de usuarios. Cada grupo está baixando co seu titor/a á biblioteca, e acompañados dun membro do equipo están facendo distintas actividades.
E o mellor de todo... a través da nova pizarra dixital, que dende hai uns días temos colocada xa na biblio.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

Qué contento está Abadiño!

AGRADECEMENTO DENDE O BUBISHER



Lembrades a nosa participación o curso pasado no Bubisher?, mirade a entrada que publicaramos daquela e facede memoria

Pois a "Asociación de Escritores por el Sahara-Bubisher" quixo agradecer a nosa participación coa entrega dun diploma no que se recoñece a nosa colaboración.






Moitas gracias de parte dos alumnos e alumnas do CEIP Lamas de Abade.

viernes, 5 de octubre de 2012

COMEZAN DE NOVO A RULAR AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe, un curso máis, comezaron a viaxar polas casas as mochilas viaxeiras. Esta semana tocoulle o turno aos rapaces de Primaria e, moi prontiño, comezaran a viaxar as de Infantil.

Os colaboradores fixeron moi ben o seu traballo. Cargaron e cargaron ao lombo as mochilas e foron aula por aula repartindo lecturas.

Este ano fixemos algún que outro cambio no seu contido, seguindo como sempre as vosas suxestións. Así que... a disfrutar delas!!


gif online animator
gif online animator


mosaico