domingo, 30 de septiembre de 2012

BENVID@S!!

Ola amiguiños!! Benvid@s a un novo curso escolar. Como vedes tiven que facer uns pequenos cambios no blog. Estaba tan cheiño de información que case se volve un pouco tolo jeje.
Agora empezaremos con novas cousas para este curso e sempre que queirades lembrar algo dos anos anteriores, só tedes que facer clic na pestaña onde pon "O Recuncho de Abadiño 2".


Pois veña, imos aló... xa sabedes que esta semana comezamos cos empréstitos e como tódolos anos precisamos da colaboración dos maiores para poder facer estas labores na hora do recreo. Este ano todos eles recibirán un tríptico onde aparecen recollidos os seus dereitos e deberes, para que non teñan ningunha dúbida, nin eles nin todos vós.



P1010200